Proclamación definitiva das candidaturas ás eleccións ao Consello Regulador

21 Outubro, 2020

En relación ás eleccións ao Consello Regulador e dando seguimento ao calendario electoral, xa está exposta publicamente a proclamación definitiva das candidaturas correspondentes a cada subcenso (Produtores, Depuradores e Transformadores) nas Delegacións territoriais e comarcais de Pesca de Galicia, nas entidades de produción, Agade, Agacome e no Consello Regulador do Mexillón de Galicia. Por ser candidaturas únicas de cada subcenso e tendo sido proclamadas definitivas, estase no suposto de aplicación do artigo 15.2 da orde de convocatoria, polo que o proceso electoral en cada un dos subcensos acurtarase dando lugar a un procedimento abreviado.