Os subcensos provisionais de produción, depuración e transformación están dispoñibles para consulta ata o 11 de setembro

31 Agosto, 2020

En relación ás eleccións ao Consello Regulador, os subcensos provisionais de produción, depuración e transformación están dispoñibles para consulta ata o 11 de setembro de 2020 nas Delegacións territoriais e comarcais de Pesca de Galicia, nas entidades de produción, Agade, Agacome e no Consello Regulador do Mexillón de Galicia. As persoas interesadas poderán formular alegacións contra os subcensos provisionais nas oficinas do Consello Regulador ata as 14h. do 11 de setembro de 2020. Poderanse presentar ademais por correo electrónico a info@mexillondegalicia.org dando a Comisión Electoral acuse de recibo.