Comercializadores

A DOP Mexillón de Galicia está presente no mercado nacional e internacional a través de máis de 70 marcas comerciais (datos de 2017).  A oferta de produtos das diferentes marcas supera o centenar de formatos dirixidos ao consumidor final. Fresco, en conserva, conxelado, pasteurizado ou refrixerado. As opcións para gozar do auténtico mexillón das rías galegas son variadas.

A continuación, presentamos a relación de empresas comercializadoras de DOP Mexillón de Galicia, na que se ofrecen detalles sobre as marcas e produtos dispoñibles, clasificados en dous grandes grupos: fresco e transformado.