Cando adquira Mexillón de Galicia fresco extraia o mexillón do seu envase e láveo. Cun chorro de auga fría é suficiente, xa que o Mexillón de Galicia que chega ao mercado cumpre as condicións hixiénico-sanitarias esixidas. Canto máis se lave, máis perderá o seu característico sabor a mar.
É posible que encontre algunhas adherencias duras nas cunchas, pero non é necesario eliminalas xa que forman parte do hábitat natural do mexillón, e na cocción potenciarán o sabor a mar.
Unha vez lavados, os mexillóns deben conservarse en lugar fresco, preferentemente no frigorífico, ata o momento da súa preparación. Segundo sexa a presentación culinaria e a elección do consumidor, pódese extraer o biso (filamentos que segrega o molusco de forma natural para fixarse ao substrato).
Polo tanto:
-Non lavar en exceso
-Non fregar nin rascar as cunchas para sacar adherencias duras
-Quitar o biso segundo elección
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.