A inmensa fonte de nutrientes das rías galegas caracteriza as propiedades nutritivas do Mexillón de Galicia:
-É un alimento con baixo contido en graxas e alto contido en proteínas, sendo as proteínas que contén de alto valor nutricional.
-100 gramos de carne de Mexillón de Galicia atesouran un alto contido en Omega 3.
-É fonte natural de vitaminas (B12, riboflavina-B2 e folacina-B9)
-É fonte natural de sales minerais (ferro, fósforo, selenio, iodo, potasio e zinc).
Con tan só consumir 100 gramos de vianda, cóbrese o 100% das cantidades diarias recomendadas de vitamina B12 e de selenio.
Fonte: Base de Datos Española de Composición de Alimentos (BEDCA) – Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN)
É un alimento natural moi recomendable, especialmente para os cativos, xa que debido ao seu elevado contido proteico e ás cantidades significativas de fósforo que achega á dieta, contribúe ao crecemento e desenvolvemento normais dos seus ósos. Ademais, o ferro que contén contribúe ao desenvolvemento cognitivo normal dos pequenos.
Por ser fonte de zinc, o consumo de Mexillón de Galicia tamén contribúe á fertilidade e reprodución normais, e como contén cantidades significativas de vitamina B9, contribúe durante o embarazo ao crecemento dos tecidos maternos.
O ferro e as vitaminas contidas no Mexillón de Galicia axudan a diminuír o cansazo e a fatiga.
As cantidades de vitamina B12 que o caracterizan protexen as células fronte ao dano oxidativo.
En xeral, as vitaminas e sales minerais que presenta o Mexillón de Galicia contribúen:
En resume, o Mexillón de Galicia é un alimento natural, san e nutritivo ideal para unha dieta variada e equilibrada, polo que resulta completamente compatible cun estilo de vida saudable, esa que todos desexamos. Agardamos que o disfrute!
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.