As rías

A Comunidade Autónoma de Galicia conta aproximadamente con mil douscentos quilómetros de costa sendo as rías uns ecosistemas idóneos para o cultivo do mexillón.

A FAO (Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación) considera as Rías Galegas como un dos máis importantes depósitos de fitoplancto do planeta. As súas especiais condicións, as cálidas temperaturas das súas augas e a elevada produción primaria, fan delas unha paraxe inmellorable para o desenvolvemento dos mariscos.

O Mexillón de Galicia acada nas nosas costas a súa talla comercial (70-95 mm) nuns 17 meses, fronte o que ocorre noutros países produtores, onde o período de cultivo é moito mais dilatado (no resto de Europa, o mexillón necesita de 2 a 6 veces máis tempo para chegar a este tamaño).

O Mexillón de Galicia procede das bateas fondeadas nos polígonos de cultivo situados no interior das rías de Vigo, Pontevedra, Arousa, Muros-Noia e Ares-Betanzos.

No seguinte cadro amosamos algunhas características das cinco rías onde se encontran os polígonos de produción do Mexillón de Galicia:

 

CARACTERÍSTICAS DAS RÍAS ONDE SE REALIZA O CULTIVO DO MEXILLÓN
RÍA VIGO PONTEVEDRA AROUSA MUROS – NOIA AREAS – BETANZOS
Lonxitude en Kms. 33 23 26 12 19
Superficie en Kms. 175 145 230 120 72
Volume en m3 3.100 3.240 4.300 2.700 750
Profundidade máxima
en metros
42 40 65 46A 40
Río Oitavén
Lagares
Lérez Ulla
Umia
Tambre Eume
Mandeo
DISTRIBUCIÓN DOS POLÍGONOS E BATEAS DE MEXILLÓN POR RÍA
RÍA POLÍGONOS DE MEXILLÓN PORCENTAXE DE BATEAS Nº DE BATEAS
ARES-BETANZOS 2 3,10% 105
MUROS-NOIA 4 3,60% 122
AROUSA 18 68,46% 2.319
BAIONA 1 0,44% 15
PONTEVEDRA 7 10,13% 343
VIGO 12 14,26% 483
TOTAL 44 100,00% 3.387