O Consello Regulador do Mexillón de Galicia iniciou as súas actividades en 1994, aínda que os traballos previos á súa constitución comezaron en 1989. O obxectivo do organismo foi, desde un principio, o fomento da calidade do mexillón galego.
Unha das primeiras iniciativas do Consello Regulador foi a solicitude, baixo os termos da normativa autonómica, do recoñecemento “Produto Galego de Calidade” para o mexillón de Galicia. Por entón, esta normativa aplicábase unicamente aos produtos agroalimentarios da terra, de forma que o mexillón converteuse no primeiro produto do mar en obter esa mención.
Con posterioridade, a Unión Europea estableceu un marco comunitario unificado para as Denominacións de Orixe e outras figuras de calidade vinculadas a un lugar xeográfico determinado, obrigando aos países membros a eliminar ou reconverter todo tipo de marcas, denominacións e normativas que fixeran mención á orixe como factor determinante da calidade dos produtos.
Novamente, o Mexillón de Galicia foi pioneiro na súa solicitude e converteuse no primeiro produto do mar en Europa en obter o distintivo de calidade “Denominación de Orixe Protexida”. No ano 2007, quedaba inscrita no rexistro da Unión Europea a Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia e actualmente é a única DOP para un produto do mar en España.
Desde entón, o Consello Regulador foi adquirindo unhas funcións perfectamente definidas e foi perfeccionando os seus sistemas de control de calidade. Paralelamente, a marca Mexillón de Galicia foi aumentando a súa notoriedade e prestixio entre produtores, comercializadores e consumidores.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.