Mexillón de Galicia con sorbete de laranxa e granizado de Gin-Tonic

Logotipo Mexillón de Galicia con sorbete de laranxa e granizado de Gin-Tonic

Ingredientes 10 unds.:
10 viandas de Mexillón de Galicia, Zume de 1 laranxa, 100 gr. de azucre, 3 dl de xenebra, 1 tónica azul, Menta fresca.

Observacións:
As viandas pódense obter da cocción ao vapor de Mexillón de Galicia fresco, ou tamén se poden adquirir cocidas, no seu mollo, en conserva, conxeladas ou pasteurizadas.

Preparación:

Preparamos o Gin-tonic e conxelámolo. Pasadas 8 horas, o trituramos.

Preparamos un almíbar co azucre e un chorro de auga. Cando estea o almíbar louro, engadimos o zume de laranxa.

Conxelamos o almíbar de laranxa e pasadas 8 horas o trituramos para obter un sorbete ben mesturado.

Nun vaso poñemos un pouco de sorbete de laranxa e o mexillón encima. Engadimos un pouco de granizado de Gin-Tonic e unha folla de menta.

José Manuel Martínez Mayo
Chef do Restaurante “Vivalviños”
(Vilagarcía de Arousa – Pontevedra)