Mexillóns de Galicia á vinagreta

Logotipo Mexillóns de Galicia á vinagreta

Ingredientes 4 pers:
2 Kg de Mexillóns de Galicia con cuncha, Medio pemento vermello, Medio pemento verde, Media cebola, Medio tomate, 2 ovos, Aceite, Vinagre, Perexil picado, Salsa rosa, Brotes de achicoria para decorar.

Preparación:
Abrimos os mexillóns ao vapor e reservamos. Cortamos todos os ingredientes en dados de 1 ou 2 mm. Mesturamos todos os ingredientes e introducimos os mexillóns enteiros á mestura, engadimos aceite, vinagre e sal ao gusto.

Por ultimo servimos, decoramos con salsa rosa e engadimos un brote de achicoria.

 

Prepararon esta receita:
Nuria Ruíz Gómez (profesora) e Javier Torres Pereira (alumno)
CIFP Carlos Oroza
(Pontevedra)