
O Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia entrou a formar parte da rede de asociados da Asociación Española de Denominaciones de Origen, ‘Origen España’. A primeira DOP rexistrada pola Unión Europea para un alimento do mar, caracterizado polo seu cultivo tradicional, sostible e de forma natural nas Rías Galegas, súmase a Origen España para promover e loitar polo recoñecemento das Denominacións de Orixe Protexidas (DOPs) e as Indicacións Xeográficas Protexidas (IXPs).
O Consello Regulador advertiu sobre a situación de “emerxencia económica” pola que atravesa un produto que deixa de vender cada ano ata 100 millóns de quilos de mexillón tralo acordo de libre cambio acadado no 2007 pola Unión Europea e Chile e que establece un arancel de importación cero. Para o presidente de la DOP Mexillón de Galicia, Francisco Alcalde, “os transformados de mexillón foráneo na súa etiquetaxe pretenden referirse ao producto das Rías Galegas”, o que supón unha evocación clara que busca apropiarse da notoriedade e prestixio que ten a DOP Mexillón de Galicia.
Por este motivo, valorou a entrada en Origen España como interlocutor ante os organismos, posto que “é de necesidade inmediata unha acción valiente da Administración competente contra o fraude e as ilegalidades na etiquetaxe”. Asemade, Francisco Alcalde incidíu na suma de forzas para fomentar a clara identificación das figuras de calidade diferenciadas contra usos ilícitos.
Neste senso, lembrou que a crise económica, as condicións do mar que propiciaron vedas administrativas que supuxeron o peche de polígonos de cultivo ou incluso as trabas dalgunhas cadeas de distribución alimentarias á diferenciación da orixe, son factores que afectaron gravemente á DOP Mexillón de Galicia. No ano 2012 certificáronse máis de 22 millóns de quilos de mexillón amparado pola DOP mentres que se estima que o volume de 2013 caerá ata os 17 millóns.
Origen España celebrou a unión de Mexillón de Galicia á asociación e lanzou un chamamento ao resto de produtores de DOPs e IXPs dispostos a asociarse. “É necesario axuntar as nosas voces a través dun interlocutor válido para facer un chamamento a unha mellor e máis eficaz proteción dos produtos de calidade a todos os niveis”, declararon. A DOP Mexillón de Galicia súmase na asociación ás tamén galegas Queixo Tetilla, Arzúa – Ulloa, Pan de Cea e Tenreira Galega
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.