Os amantes da gastronomía teñen a oportunidade de descubrir novas e sorprendentes combinacións culinarias do Mexillón de Galicia no Fórum Gastronómico que se celebra en A Coruña, do 23 ao 25 de febreiro.
A degustación de Mexillón de Galicia terá lugar o martes 25, as 13.30 horas, na aula de catas do stand da Consellería de Medio Rural e do Mar. Todos os pratos serán elaborados no momento pola chef galega Emma Pinal, que preparou para a ocasión o siguiente menú:
– Maki galego de Mexillón de Galicia en salmoira con Pataca de Galicia.
– Salada de Mexillón de Galicia en escabeche en cruxinte de pan de Cea
– Mexillón de Galicia con Fabas de Lourenzá
– Trufas de Castaña de Galicia con aguardentes e licores tradicionais.
A cata leva por título “Mexillón de Galicia, garantía de calidade e orixe” e ten un aforo limitado a 24 persoas.
O Fórum Gastronómico e un evento que combina congreso e feira, que se celebra anualmente alternando Galicia e Cataluña.
Por outra parte, tamén se organizou recentemente outra degustación de Mexillón de Galicia na feira Xantar, celebrada a primeiros de febreiro en Ourense.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.