Visita da ministra de Agricultura a Conxemar

9 Outubro, 2014

A ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina, e o delegado do goberno en Galicia, Samuel Juárez, visitaron o stand de Mexillón de Galicia na feira Conxemar

A ministra e o delegado do gobierno foron recibidos o 8 de outubro polo presidente e a responsable de márketing do Consello Regulador, Francisco Alcalde e Gabriela André, respectivamente, quen invitaron ás autoridades a degustar preparacións con Mexillón de Galicia. Aínda que non se aprecia na imaxe, no grupo tamén se atopaba o Secretario xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Andrés Hermida Trastoy.