Mexillón de Galicia ofrece o sábado 7 de febreiro unha presentación-degustación de produto con DOP no marco do Salón Xantar, en Ourense.
A cociñeira Emma Pinal é a encargada de preparar e presentar o seguinte menú:
– Piruletas de Mexillón de Galicia en salmoira con San Simón da Costa
– Rolls de Mexillón de Galicia con curri
– Mexillón de Galicia en preve de vieiras Pesca de Rías con Fabas de Lourenzá.
– Flan de Arzúa-Ulloa con sirope de licor café
– Viños da D.O. Monterrei
demais, a responsable de márketing do Consello Regulador, Gabriela André, ofrecerá unha explicación aos asistentes sobre a Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia, e o sumiller Nacho Costoya prescribirá os demais produtos.
A degustación celebrarase de 13 h. a 14 h. na aula de catas habilitada pola Xunta de Galicia ao efecto.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.