Máis de 100 estudantes do Basque Culinary Center, un centro de formación especializado en gastronomía con sede en Donostia, participaron o 28 de abril nunha visita guiada ás bateas da ría de Arousa, conducida por persoal do Consello Regulador da DOP Mexillón de Galicia.
O Consello Regulador colabora cada ano co Basque Culinary Center para amosarlles aos futuros prescriptores as características únicas da Denominación de Orixe. Desta volta, participaron na visita guiada os estudantes de primeiro curso do grao en Gastronomía e Artes Culinarias así como do máster de especialización en Cociña, acompañados de catro profesores.
A bordo dun catamarán, os visitantes puideron coñecer de primeira man o medio no que se cultiva o Mexillón de Galicia así como as características intrínsecas de cultivo, historia, nutricionais e organolépticas do mexillón certificado polo Consello Regulador. O persoal do Consello tamén resaltou a excepcionalidade dun marisco que acada as súas calidades grazas ao medio natural –as augas das rías- e a unha axeitada filosofía de traballo. Ademais, os estudantes aprenderon que o selo da DOP Mexillón de Galicia é a única garantía de orixe e calidade do auténtico mexillón das rías galegas.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.