Tras o éxito alcanzado na primeira edición, volve “Mexillón Challenge”, unha iniciativa desenvolvida a través das redes sociais de Mexillón de Galicia ata o 27 deste mes de novembro e que forma parte da campaña de promoción que a DOP realiza no marco do convenio de colaboración coa Consellería do Mar, unha acción cofinanciada pola Unión Europea.
Se o ano pasado o protagonismo recaeu nos bateeiros, nesta ocasión céntrase noutros actores da cadea de valor, en concreto depuradores, elaboradores e conserveiros. Eles serán os encargados de lanzar os retos aos tres influencers elixidos para participar no “Mexillón Challenge”: Valentí Sanjuan, deportista con máis dun millón de seguidores; Xurxo Carreño, humorista con case cinco millóns de seguidores; e Marta Verona, gañadora de Master chef 6 e con medio millón de seguidores.
Cada un dos influencers recibirá un reto consistente na elaboración dunha receita con Mexillón de Galicia fresco, pasteurizado e en conserva. Unha vez que reciban o encargo, compartirano nas súas historias, seguidamente elaborarán a receita gravándoa e compartindo o resultado nas súas redes e nas de Mexillón de Galicia.
Outra das novidades ten que ver coa mensaxe que se quere trasladar a través desas accións, que non só busca poñer en valor a calidade de Mexillón de Galicia senón que tamén pretende potenciar a súa presenza na nosa dieta habitual ao tratarse dun alimento cunhas calidades nutricionais excepcionais. Para conseguilo, “Mexillón Challenge” recorre a unha estrutura formal divertida e a unha linguaxe desenfadada para elaborar unha mensaxe fresca, dinámica e adaptada a un público moi variado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.