O Instituto de Investigacións Mariñas e o Consello Regulador do Mexillón de Galicia desenvolverán unha nova ferramenta destinada a mellorar a comunicación entre bateeiros e a comunidade científica. Ese intercambio de información canalizarase a través dunha enquisa online que permitirá rexistrar de forma precisa e documentada todos os datos relativos ao cultivo de mexillón en batea. Esta acción inscríbese no proxecto “Investigación, desenvolvemento e Innovación dunha Rede de Observación Costeira: Ría de Arousa” (REDEIRA).
Esta innovadora iniciativa permitirá mellorar o coñecemento do impacto da variabilidade ambiental na evolución temporal e espacial das incidencias que preocupan ao sector (mortalidade, crecemento, fauna acompañante, desprendementos…). Con esta enquisa obterase información tanto do propio cultivo de mexillón en cada unha das bateas como das características ambientais da súa contorna, por iso a participación activa dos propios bateeiros será clave.
Será presentada aos produtores o martes, 1 de outubro, ás 18 horas, na sede de Mexillón de Galicia.
No acto intervirán Ángeles Longa responsable do departamento de I+D+i do Consello Regulador, José Manuel Fernández Babarro investigador do grupo “Ecofisioloxía, Biomarcadores e Xestión de Bivalvos” do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, e Xosé Antonio Padín Vázquez, investigador do grupo de “Procesos Oceanográficos en Cambio Global”, tamén do IIM-CSIC.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.