Publicado o boletín nº 46 da DOP

10 Xullo, 2024

As cifras de certificación da DOP experimentaron unha merma en 2023 respecto ao ano precedente. No novo boletín informativo analízanse as posibles causas desa diminución á vez que se insta a todos os operadores de Mexillón de Galicia a involucrarse na tarefa común de volver recuperar a senda de crecemento. Tamén damos conta da intensa actividade promocional da DOP, así como da implantación dun protocolo para auditar bateas.

nº 46 web