Publicado o boletín nº 45 da DOP

12 Abril, 2024

“Mexillón de Galicia” é unha marca que transmite imaxe de excelencia. Esa é unha das conclusións do balance do primeiro ano da campaña de promoción que Mexillón de Galicia está a desenvolver xunto a Cava. Así o plasmamos no noso último boletín informativo, no que tamén damos conta dunha nova sentenza a favor da DOP por un caso de etiquetaxe incorrecta.

En relación coa identificación de produto, publicamos o acordo da Mesa de Coordinación de Calidade Alimentaria do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación sobre como diferenciar sen posibilidade de dúbida as conservas elaboradas con mexillón e con chorito.

nº 45 web