Mexillón de Galicia, protagonista no Fórum Gastronómico

9 Abril, 2024

A intensa actividade promocional que está a desenvolver a DOP Mexillón de Galicia tivo continuidade esta semana coa súa presenza no Fórum Gastronómico que se celebra na Coruña.

A DOP foi protagonista onte pola tarde no apartado que este salón destina á degustación dos produtos do mar de Galicia. Os asistentes gozaron da calidade e o sabor do mellor mexillón do mundo a través das dúas propostas elaboradas polo cociñeiro Moncho Méndez: “Escabeche de Mexillón de Galicia” e “Salpicón de Mexillón de Galicia”.

O Fórum é unha das citas gastronómicas máis importantes de España pola que o ano pasado pasaron máis de 20.000 persoas e na que participaron destacados relatores, entre os que se atopaban numerosos cociñeiros con estrela Michelin.