O plan de comunicación e promoción que están a desenvolver conxuntamente a DOP Mexillón de Galicia e a DOP Cava financiado con fondos europeos segue coas accións previstas no seu plan de traballo.
A última foi unha comida con xornalistas de distintos medios informativos de ámbito estatal celebrada hoxe no restaurante Estimar de Madrid, que ten no mexillón un dos seus produtos estrela.
De feito, o menú elaborado polo recoñecido cociñeiro Rafa Zafra (que traballou no restaurante El Bulli) incluiu dúas propostas co mellor mexillón do mundo: “Mexillón de Galicia con vinagreta e encurtidos” e, como prato principal “Rodaballo á brasa con ragu de Mexillón de Galicia e a súa guarnición”.
O secretario xeral da DOP Joaquín Garrido exerceu de anfitrión trasladando aos convidados información sobre as funcións da DOP e explicándolles as razóns que fan de Mexillón de Galicia un producto da máxima calidade e un alimento excepcional.
O menú estivo maridado con distintos tipos de Cava.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.