O Consello Regulador lamenta a morte dun bateeiro mentres recollía mexilla

12 Decembro, 2023

O Consello Regulador da DOP Mexillón de Galicia lamenta a morte dun bateeiro ocorrida esta mañá mentres recollía mexilla na zona de Monte Louro, en Muros.

Un golpe de mar apúntase como a causa do accidente que provocou o falecemento de Luis Piñeiro Meixús, veciño de Vilanova, quen ao parecer se golpeou contra as rocas.

Este triste suceso pon de manifesto de novo o risco que entraña a recollida da mexilla nas rochas do litoral que posteriormente surtirá as cordas das bateas. E lémbranos tamén o valor e a determinación de persoas como Luis Piñeiro no desempeño do seu traballo a pesar dos perigos que conleva.

Desde o Consello Regulador trasladamos as nosas condolencias á súa familia.