“Cremoso de Mexillón de Galicia escabechado sobre esponjoso de millo e sésamo negro maridado con Cava Brut Rosado”, “Mexillón de Galicia con curri verde con Cava de Guarda Superior Gran Reserva Brut Nature”, e “Taco rabioso de Mexillón de Galicia con Cava de Guarda Superior Reserva Brut Seco”.
Esa é a suxestión da DOP Mexillón de Galicia para todo o que queira gozar destas tres receitas elaboradas polo cociñeiro Pepe Solla (unha estrela Michelin). A cita é este sábado, día 25, entre as 10 e as 14 horas nos soportais do Mercado de Abastos de Santiago e constitúe unha gran oportunidade para descubrir o resultado da maridaxe de dous alimentos de calidade diferenciada, e por tanto únicos, como Mexillón de Galicia e Cava.
Esta acción enmárcase no plan de comunicación e promoción que están a desenvolver conxuntamente a DOP Mexillón de Galicia e a DOP Cava e que está financiada con fondos europeos.
Trátase dun proxecto que se prolongará ata 2025 e que ten como finalidade incrementar o coñecemento e recoñecemento de ambos selos de calidade entre os consumidores e, en consecuencia, o seu valor. Para alcanzar ese obxectivo deseñouse unha estratexia moi ambiciosa que inclúe distintas iniciativas, entre elas esta de Santiago coa que se pretende achegar de maneira directa ao consumidor os valores que fan de Mexillón de Galicia un alimento excepcional cunhas calidades nutricionais únicas. E para iso contamos coa axuda dun dos cociñeiros máis reputados de Galicia e de España.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.