Conxemar converterá a Vigo desde mañá e ata o xoves en punto de encontro do sector do mar nacional e internacional. A feira, consolidada como unha das máis importantes do mundo, concita a atención de almacenistas, importadores, exportadores, transformadores, fabricantes, distribuidores, frigoríficos e maquinaria e outros servizos auxiliares procedentes de distintos puntos do planeta. En total estarán representadas 754 empresas.
Neste gran escenario estará a DOP Mexillón de Galicia, continuando así coa ambiciosa estratexia de promoción que está a desenvolver en distintos ámbitos. Conxemar é unha gran oportunidade para mostrar a un público profesional e internacional os valores que converteron a Mexillón de Galicia nun selo de referencia no mercado, garante da orixe galega do mexillón e dunha calidade superior, dúas características que lle confiren un valor engadido ao que non queren renunciar nin os consumidores nin as empresas que comercializan mexillón co noso distintivo.
No expositor da DOP ofrecerase información das características que fan de Mexillón de Galicia un alimento único, como unha produción natural, a riqueza en nutrientes das rías galegas, os controis de calidade aos que está sometido… Tamén se poderán coñecer as súas extraordinarias cualidades nutricionais e como identificalo grazas ao seu inconfundible distintivo. Haberá igualmente ao dispor dos profesionais unha mostra dos diferentes formatos comerciais dos mexillóns amparados polo noso selo de calidade.
Acudir a Conxemar abre ademais novas posibilidades para contactar con compañías que teñan interese en acreditarse para comercializar Mexillón de Galicia. Igualmente, ofrecerase a empresas de distribución alimentaria a adquisición do noso produto. De aí sairá unha relación que se entregará ás empresas certificadas para que continúen o labor comercial de acordo coas súas estratexias.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.