A presenza da DOP Mexillón de Galicia nos principais escenarios internacionais non se detén. Tras o Salón Gourmets celebrado en Madrid a semana pasada, viaxa agora a Barcelona, sede da feira Seafood Expo Global entre os días 25 e 27 deste mes de abril.
Mexillón de Galicia xa participou nesta cita canto estaba asentada en Bruxelas e agora volve facelo na súa nova sede da cidade Condal. Trátase da feira comercial de produtos do mar máis grande do mundo, que este ano contará con máis de 2.000 empresas expositores de 87 países, segundo cifras da organización.
Continúa así a intensa campaña de promoción que a DOP está a desenvolver en distintas frontes coa intención de fortalecer a nosa marca de calidade incrementando o seu coñecemento e recoñecemento ante os consumidores.
Esta tarefa require a presenza en eventos de gran relevancia como os mencionados e destinados a un público profesional, pero tamén outras accións encamiñadas a establecer unha relación directa co consumidor, como as xornadas de promoción desenvolvidas nas prazas das principais cidades de Galicia ou recorrendo a soportes de gran penetración entre o público como a Televisión de Galicia, onde se emitiron varios programas con Mexillón de Galicia como protagonista. Igualmente atendeuse as necesidades das empresas certificadas a través das dúas edicións do Salón Mexillón de Galicia, celebradas en Santiago e Madrid.
Esta liña de traballo continúa ao longo de todo 2023 con novas iniciativas encamiñadas a incrementar o valor da nosa marca.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.