Ao longo deste 2022, a DOP Mexillón de Galicia incrementou de forma significativa a súa actividade promocional, en consonancia co mandato aprobado polo Pleno do Consello Regulador. Nesa estratexia inclúense unha serie de accións en distintos ámbitos destinadas a impulsar e reforzar o prestixio do noso selo de calidade. Para lograr ese obxectivo asinouse un convenio coa Consellería do Mar que permitiu realizar unha campaña nas prazas de abastos das principais cidades de Galicia (dirixida ao consumidor final), así como acceder a soportes de gran penetración como a Televisión de Galicia, onde Mexillón de Galicia está a chegar a novos públicos a través do programa “Estache Bo”.
No marco dese acordo inclúese tamén o “Salón Mexillón de Galicia”, unha iniciativa enfocada cara ás empresas amparadas polo noso selo de calidade ás que se lles proporciona a oportunidade de presentar os seus produtos elaborados co mellor mexillón do mundo ante un público profesional (distribución, canle Horeca, restauración, elaborados, centros de formación…). Tras unha primeira edición celebrada en Santiago no mes de xullo, Madrid acollerá mañá mércores o “II Salón Mexillón de Galicia”. A cita será no Novotel Madrid Center.
O Salón está concibido para que as empresas consigan unha maior visibilidade dos produtos que integran a súa oferta e que portan o noso selo de calidade, facilitando a súa penetración no mercado e incrementando a súa demanda. Igualmente permite aumentar o coñecemento e recoñecemento de Mexillón de Galicia e, en consecuencia, o seu valor ante os consumidores.
A xornada desenvolverase entre as 16,30 e as 20,30 horas e inclúe unha degustación de Mexillón de Galicia.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.