Mané Calvo García-Benavides, en representación do Grupo Calvo do que é conselleiro delegado, é o novo presidente do Consello Regulador da DOP Mexillón de Galicia tras o pleno celebrado esta tarde do que saíu elixido o substituto de Lina Solla Sanmartín, que ostentou este cargo desde o mes de novembro de 2020 e que deixa este posto despois de que a empresa pola que fora elixida como vogal (Linamar), e posteriormente como presidenta, fose adquirida por outra compañía. Legalmente, esa circunstancia impedíalle seguir á fronte do Consello Regulador.
A elección foi por unanimidade e se levou a cabo tras a votación efectuada polos doce vogais que integran o Pleno do Consello Regulador: Angélica Vázquez (Opmega), Esteban Fernández (Amegrove), José Francisco Otero Bea (Amegrove), José Manuel Oubiña Rial (APM Illa de Arousa), Juan Ramón Piñeiro (Opmega) e Francisco Alcalde (Opmega) en representación da produción.
Iván Alonso (Conservas Antonio Alonso), Enrique Mandado (Calvo) e Ana Margarita Hermo (Escuris), do sector da transformación.
Ramón García Suárez (Vengarco), José Luis Monteagudo (Pescadona) e Juan Soutullo (Barlovento), da depuración.
O novo presidente agradeceu o traballo de todos os seus predecesores e subliñou a vixencia dos obxectivos establecidos por Pleno do Consello Regulador en novembro de 2020. Entón se marcaron unha serie de liñas de actuación a desenvolver, algunhas das cales xa están en marcha, destinadas a dar un impulso renovado á DOP Mexillón de Galicia que contribúa a incrementar o seu prestixio no mercado.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.