Nova Guía de Boas Prácticas

20 Decembro, 2021

Sabendo que o principal factor que determina a viabilidade e seguridade do cultivo de mexillón é a calidade do medio, é claro que temos que ser os primeiros en dar exemplo cunha conduta esixente e fundamentada nunhas mellores prácticas para minimizar os nosos impactos sobre o entorno. Neste sentido, ante a problemática dos lixos mariños, en 2018 fomos pioneiros e con medios propios elaboramos e editamos a nosa primeira Guía de Boas Prácticas.
As boas prácticas son un camiño de longo percorrido, unha maratón que nos debe reportar pequenos avances e melloras. Por iso, dentro do proxecto ACUIECO démoslle unha repensada á nosa primeira Guía e presentamos esta nova edición. Debemos seguir promovendo e reforzando as mellores prácticas polo interese xeral e polo noso propio.

guia