A DOP Mexillón de Galicia decidiu cancelar o proceso de avaliación ao que se estaba sometendo para obter a certificación internacional que outorga Marine Stewardship Council (MSC). A actuación de determinados colectivos, coa organización WWF á cabeza, empeñados desde o inicio deste camiño en dificultar un procedemento de seu xa moi esixente, colmou a paciencia do Consello Regulador, que ata o de agora optara por un prudente silencio para non xerar distorsiones e evitar distraer a atención do obxectivo final.
WWF que con tanta contumacia e con condutas claramente partidarias empeñouse en opoñerse a unha certificación merecida deberá asumir a partir de hoxe as consecuencias que conleva esa decisión. Así mesmo tería que reflexionar sobre o dano que a súa forma de proceder causará aos miles de familias que viven do mexillón en Galicia: produtores, transformadores, depuradores… E igualmente debería xustificar as razóns que lle levaron en España a manter unha postura tan belixerante para co mexillón galego, mentres que outras filiais de WWF tiveron unha actitude máis constructiva e dialogante con cultivos similares de mexillón desenvolvidos en países como Gran Bretaña ou Irlanda, entre outros.
WWF equivócase na súa mirada cortoplacista ao pensar que o dano causado só afectará a Mexillón de Galicia. Nada máis lonxe da realidade. Mexillón de Galicia seguirá defendendo e valorizando un cultivo natural e sostible con máis de setenta anos de historia.
Como chegamos ata aquí? A seguinte cronoloxía axudará a entendelo.
Novembro de 2019. Mexillón de Galicia anuncia publicamente que se somete ao proceso de avaliación do selo Marine Stewardship Council (MSC). Con esta iniciativa, a DOP manifestaba a súa intención de reforzar a súa posición como garante dun mexillón cento por cento galego e da máxima calidade con outro selo internacionalmente recoñecido. Demostrando así de maneira inequívoca o noso compromiso coa sostibilidade, inherente á nosa actividade.
Superamos a avaliación
Tras unha esixente avaliación independente conseguimos superar o proceso, incluíndo un plan de accións para a mellora. Esta resolución final conseguiuse a pesar de WWF, que tratou de modificar o criterio técnico independente descualificando publicamente á Administración galega, aos avaliadores e ao propio cultivo do mexillón. Actuando en sentido contrario á filosofía do estándar cunha clara estratexia de lobby.
Non conformes co resultado final favorable a Mexillón de Galicia, WWF levounos a unha fase de alegacións, que desde a DOP afrontamos dunha maneira dialogante, aberta e coa intención de buscar puntos de acordo para beneficio de todos os sectores que convivimos nas nosas rías. Nesa tarefa atopámonos desde o inicio cunha posición do multinacional WWF cada vez máis belixerante, recorrendo a manobras encamiñadas a propiciar un enfrontamento entre as partes interesadas. Unha estratexia dirixida a buscar o desgaste do adversario e non a obter un verdadeiro acordo, obxectivo último dunha negociación construtiva considerada como tal.
A partir de hoxe WWF ten moito que explicar sobre as súas prácticas e obxectivos. Debería aclarar os motivos que lle levaron nestes últimos meses a opoñerse de forma tan negativa ao cultivo do mexillón en Galicia, tras recoñecernos durante o proceso negociador que o cultivo suspendido do mexillón en cordas é unha actividade sostible.
De igual modo, terá que xustificar as razóns que lle levaron a alentar a confrontación entre sectores para tentar posicionarse como actor protagonista da xestión do mar en Galicia. Quizá esquece de maneira interesada que esa tarefa xa a exercitan os organismos legalmente habilitados para esa función.
Mexillón de Galicia négase a entrar nese xogo perverso de WWF dirixido unicamente a dividir. Por iso tomamos esta decisión.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.