Aposta polas enerxías renovables

23 Xuño, 2021

Mexillón de Galicia deu un paso máis no seu compromiso coa protección do medio ambiente e a sustentabilidade. Agora, a través de 36 placas fotovoltaicas que foron instaladas na súa sede de Vilagarcía pola empresa Elesma.

A potencia total instalada é de 13,20 Kwp que proporcionarán anualmente 20,23 MWh, un 23% do consumo anual de enerxía. Ademais, evitarase a emisión á atmosfera de 6,29 toneladas de CO2.

Esta aposta polas enerxías renovables subliña a vocación de Mexillón de Galicia por aquelas prácticas que redunden en beneficio do coidado do noso planeta e da conservación dos nosos ecosistemas.

A operación realizouse no marco da “Convocatoria de subvencións do Instituto Enerxético de Galicia a proxectos de enerxía fotovoltaica, ano 2020-2021″ e está cofinanciada pola Unión Europea. Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020.