AGR Food Marketing desenvolverá o plan de promoción da DOP Mexillón de Galicia e a DO Cava

12 Abril, 2021

A empresa AGR Food Marketing foi elixida para desenvolver o plan de promoción e comunicación da DOP Mexillón de Galicia e a DO Cava 2022-23-24, tras o proceso de selección levado a cabo.

Ambas decidiron presentar un proxecto na convocatoria de axudas da Unión Europea (2021) para a promoción dos produtos agrícolas europeos.

Con esta iniciativa preténdese incrementar o coñecemento e recoñecemento dos réximes de calidade da UE, así como asociar a Mexillón de Galicia e a Cava cos valores intrínsecos dos produtos agroalimentarios europeos: calidade, trazabilidad, seguridade alimentaria e sustentabilidade ambiental.

Haberá igualmente unha aposta pola información sobre os beneficios de cada produto e sobre a súa versatilidade e capacidade de maridaxe.