A DOP reinicia a certificación para mexillón en fresco

22 Xullo, 2019

A DOP Mexillón de Galicia reiniciou hoxe, 22 de xullo, o proceso de certificación en porto para mexillón fresco. Este paso dado pola DOP significa que o mexillón alcanzou o nivel de calidade exisible para ser certificado e, por tanto, atópase nun momento óptimo para o seu consumo. É fundamental que teñades en conta que Mexillón de Galicia é un alimento único, dunha calidade superior avalada polos rigorosos controis levados a cabo ao longo do seu proceso de cría, e producido en Galicia. Asegurádevos que o mexillón que comprades leve o selo de Mexillón de Galicia, o distintivo que garante o auténtico.
Gozade do seu extraordinario sabor a aproveitádevos das súas ricas propiedades nutritivas. Se o probades das múltiples maneiras que admite na cociña, seguro que volveredes repetir.