Mexillón de Galicia: unha tarefa colectiva

9 Maio, 2019

A DOP Mexillón de Galicia puxo en marcha unha nova iniciativa encamiñada a potenciar a súa imaxe de marca. Mexillón de Galicia é un selo que integra a numerosas empresas do sector do mexillón que decidiron incluír nos envases que distribúen no mercado un distintivo que representa un valor engadido ante os consumidores: o de Mexillón de Galicia.

Todos os que formamos parte da DOP debemos ser conscientes da tarefa colectiva que afrontamos día a día: facer deste selo un símbolo de excelencia. Un símbolo que debemos construír e fortalecer entre todos.

Con esa intención, Mexillón de Galicia pon a disposición das marcas adscritas á DOP os seus soportes informativos, a través dos que divulgará as accións promocionais que desenvolvan con produtos que leven o noso selo.

A información remitirase a comunicación@mexillondegalicia.org

A empresa Dardo foi a primeira en unirse a este proxecto co seu último cartel promocional que aquí reproducimos.