Publicado o Boletín nº 25 da DOP

10 Abril, 2019

Mexillón de Galicia obtivo en 2018 os mellores resultados de certificación da súa historia. Con esa información abrimos o noso boletín nº25, no que tamén dedicamos un amplo espazo á instrución emitida pola Xunta instando aos operadores a que etiqueten o mexillón de forma correcta. A denuncia interposta ante o TSXG contra o proxecto de reapertura da mina de Touro, un artigo do noso departamento de I+D sobre a relevancia da acuicultura de bivalvos e unha entrevista coa presidenta da Asociación Nacional de Mulleres do Mar son outros temas que atoparedes nestas páxinas.
boletin