Publicado o Boletín nº 24 da DOP

24 Decembro, 2018

A presentación da guía para reducir os lixos mariños, editada pola DOP, ocupa un lugar preferente no Boletín nº 24 de Mexillón de Galicia, que tamén destina un amplo espazo ao proxecto de colaboración desenvolto xunto á Escola de Hostalería Carlos Oroza de Pontevedra. Unha entrevista coa endocrinóloga Paula Sánchez Sobrino, que destaca os beneficios do consumo de mexillón, o proxecto Seatraces no que participa a DOP, a nosa felicitación de Nadal e unha receita elaborada polo cociñeiro Javier Olleros, dentro de nosa nova sección dedicada á cociña de Mexillón de Galicia, completan o relato informativo.

boletin-24