Dúas xornadas dedicadas a show- cooking e outra na que se servirá un menú realizado a base de Mexillón de Galicia conforman o programa de actividades que desenvolverán conxuntamente a Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia e a Escola de Hostalería Carlos Oroza de Pontevedra durante os meses de novembro e decembro.
A iniciativa, denominada “ Mexillón de Galicia, un mar de posibilidades”, pretende achegar información de primeira man aos futuros profesionais da hostalería sobre as cualidades nutricionais dun alimento extraordinario como é Mexillón de Galicia, así como descubrir a enorme versatilidade culinaria que ofrece en calquera das distintas modalidades presentes no mercado o que, sen dúbida, é o representante máis significado da despensa mariña de Galicia.
Por suposto, tamén se quere animar ao consumo deste bivalvo ante a proximidade das datas do Nadal, un período no que Mexillón de Galicia atópase nun momento óptimo.
O primeiro “acto” desta iniciativa ponse en marcha este venres, día 16, na aula de I+D do centro académico pontevedrés da man dos alumnos de 2º de Dirección de Cociña do Carlos Oroza. Entre as 12 e as 13,30 horas, eles serán os encargados de presentar aos asistentes un show- cooking integrado por tres propostas: “Mexillón de Galicia ao curry” e “Mexillón de Galicia con escabeche de cítricos” (utilizando como materia prima Mexillón de Galicia fresco).
A segunda, que recorrerá a Mexillón de Galicia en conserva, constará de “Fabas con Mexillón de Galicia” e “ Paté de Mexillón de Galicia”. A terceira, baseada en Mexillón de Galicia no seu xugo, ofrecerá “Croquetas caseiras de Mexillón de Galicia” e “Empanada de trigo con Mexillón de Galicia”.
O 23 de novembro, os alumnos elaborarán un menú que poderá degustarse no restaurante Álvaro Cunqueiro do Carlos Oroza. Ese día haberá “Croquetas de Mexillón de Galicia con pasta katafi”, “ Ceviche de Mexillón de Galicia” e “ Mexillón de Galicia thai”, de primeiro. Logo servirase “Crema de Mexillón de Galicia con coca crocante” e “Trisotto ría e monte”.Unha sobremesa de froitas inverno e xeado poñerá fin á comida.
Esta colaboración pecharase o 14 de decembro cun novo show- cooking que se abrirá con “Mexillón de Galicia tigre ao curry” e “Mexillón de Galicia con vinagreta de cítricos” (ambos realizados con mexillón fresco). A continuación será a quenda para “Mexillón de Galicia en escabeche sobre pataca confeitada” e “Crema de Mexillón de Galicia” (para os que se recorrerá a mexillón en conserva).
O último bocado estará integrado por “Mexillón de Galicia Bloody Mary” e “Empanada de Mexillón de Galicia e algas”.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.