Publicado o Boletín nº 23 da DOP

31 Outubro, 2018

As boas cifras de certificación rexistradas pola DOP abren o Boletín nº 23 de Mexillón de Galicia. Neste número tamén se informa da reunión mantida en Madrid por Francisco Alcalde para solicitar o respaldo do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación para que se cumpra a normativa relativa ao uso correcto da etiquetaxe. A publicación recolle unha entrevista coa directora do Intecmar, e informa sobre a edición por parte da DOP dunha Guía para reducir os lixos mariños. Ademais, inclúe unha nova sección dedicada á cociña de Mexillón de Galicia.

descarga aqui o boletin