A DOP está presente en Alimentaria

18 Abril, 2018

A DOP “Mexillón de Galicia” está a participar nunha nova edición de Alimentaria, o Salón Internacional de Alimentación e Bebidas que se desenvolve en Barcelona desde o luns e ata mañá. A DOP reafirma así a súa vocación de ter unha presenza activa nos principais foros empresariais do seu sector.

A organización estima que este ano acudirán a Alimentaria máis de 150.000 visitantes profesionais e 4.500 firmas expositoras que mostrarán ao mundo os seus mellores produtos e innovacións. Este salón pretende facilitar o contacto entre as empresas asistentes e os compradores procedentes de máis de 150 países que mostran un crecente interese polos alimentos e bebidas españolas.

En suma, trátase dun escenario idóneo para que “Mexillón de Galicia” divulgue entre un público profesional as características e cualidades do mellor mexillón que se produce no mundo e dos seus distintos formatos comerciais.

“Mexillón de Galicia” está no expositor que a Consellería do Mar ten na Fira de Barcelona.