Publicado o boletín nº20 de DOP

23 Decembro, 2017

O compromiso da Consellería do Mar de garantir o cumprimento da normativa relativa ao etiquetaxe do mexillón é unha das principais noticias do boletín número 20 da DOP. Ademais, incluímos unha reportaxe sobre como un sistema produtivo respectuoso co medio, como a mitilicultura, favorece o desenvolvemento dun ecosistema rico, variado e harmónico. A sección de I+D ocúpase nesta ocasión de advertir dos riscos que entrañaría para as rías a reapertura dunha mina de cobre en Touro. A felicitación de Nadal e as campañas de promoción realizadas nos últimos meses pola DOP completan o relato informativo.

n20-web01