Xa se coñecen os gañadores do concurso do proxector oceánico

21 Novembro, 2017

Os gañadores do concurso desenvolvido por Mexillón de Galicia durante este mes de novembro no que se sorteaba un proxector oceánico co que poder ver o mar sen saír de casa xa ten vencedores. A lista pódese consultar na nosa conta de facebook (facebook.com/mejillondegalicia) ou na ligazón que aparece ao final desta información.
Só quédanos darvos as grazas a todos pola masiva participación obtida e dicirvos que sigades moi atentos ao noso Facebook e á nosa web porque en breve haberá novas propostas que vos interesarán.
Este sorteo é unha das accións previstas na campaña de comunicación que a DOP Mexillón de Galicia está a levar a cabo en medios dixitais desde o mes de outubro. Esta ambiciosa iniciativa do Consello Regulador, realizada a través dunha axuda solicitada ao GALP, aprobada pola Consellería do Mar e financiada por fondos europeos, vai dirixida a un público amplo, integrado tanto por consumidores finais como por profesionais da distribución, hostalería, gastronomía, etc, e o seu ámbito de divulgación é nacional.
Consolidar a competitividade da DOP; potenciar a marca Mexillón de Galicia; e comunicar as vantaxes que, en termos de valor engadido, representa pertencer á DOP son os tres grandes obxectivos que se pretenden alcanzar con esta campaña.

https://sweeps.easypromosapp.com/w/255245