Gustaríache ver o mar sen saír da túa casa? Participa entón no sorteo dun proxector oceánico que a DOP Mexillón de Galicia acaba de poñer en marcha na súa conta de Facebook. Tes tempo ata o 19 de novembro. Entra na nosa conta de Facebook (facebook.com/mejillondegalicia) e le as condicións.
O sorteo é unha das accións previstas na campaña de comunicación que a DOP Mexillón de Galicia está a levar a cabo en medios dixitais desde o mes de outubro. Esta ambiciosa iniciativa do Consello Regulador, realizada a través dunha axuda solicitada ao GALP, aprobada pola Consellería do Mar e financiada por fondos europeos, vai dirixida a un público amplo, integrado tanto por consumidores finais como por profesionais da distribución, hostalería, gastronomía, etc, e o seu ámbito de divulgación é nacional.
Consolidar a competitividade da DOP; potenciar a marca Mexillón de Galicia; e comunicar as vantaxes que, en termos de valor engadido, representa pertencer á DOP son os tres grandes obxectivos que se pretenden alcanzar con esta campaña.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.