Mexillón de Galicia obtén o galardón á mellor Denominación de Orixe de Galicia na VII edición dos Premios Ejecutivos Galicia

4 Xullo, 2017

Este premio, outorgado pola revista Ejecutivos, recoñece o traballo deselvolvido polo Consello Regulador da DOP Mexillón de Galicia nos dez anos de traxectoria que agora cumpre.

Efectivamente, a DOP lograba en 2007 a súa inscrición no rexistro da Comisión Europea. Era o colofón a un traballo iniciado en 1989 por un grupo de persoas que apostaron por fomentar a calidade do mexillón, tanto nas actividades de cultivo como na súa elaboración, transformación e distribución, co obxectivo de ofrecer ao consumidor un produto acorde coas súas expectativas e esixencias.

Mexillón de Galicia accedía así a un territorio restrinxido ata entón a alimentos da terra, converténdose na primeira DOP dun produto de mar recoñecida pola UE. Ese foio o xerme do que xurdiu a nosa insignia, que garante un mexillón cunha calidade superior e unha orixe cento por cento galega, ou o que é o mesmo, autenticidade.

Este impulso por facer de Mexillón de Galicia unha marca con capacidade para trascender máis aló de Galicia non só mantívose, senón que se incrementou por todos os que tiveron a responsabilidade de dirixir os destinos da DOP. Un esforzó que foi moi valorado polos promotores deste galardón, que consideraron que a DOP “leva dez anos simbolizando o auténtico”.

A revista Ejecutivos, con máis de 27 anos entre a prensa económica deste país, organiza desde fai sete anos os premios ejecutivos Galicia. Con estes galardóns preténdese enxalzar o labor das empresas e institucións galegas, polo seu esforzó, dedicación e bo facer ao longo dos anos.

A entrega deste ano será mañá mércores no Círculo de Empresarios de Galicia, en Vigo. O acto comezará ás 20 horas e estará presidido polo alcalde de Vigo, Abel Caballero.