A exposición “Mexillón de Galicia” clausúrase no Aquarium Finisterrae da Coruña tras recibir 80.000 visitas

27 Xuño, 2017

80. 577 visitantes. Ese é o número de persoas que pasaron pola exposición fotográfica “Mexillon de Galicia” que se clausurou onte, día 26, tras permanecer aberta desde o 2 de xaneiro no Aquarium Finisterrae da Coruña.

Desde a súa apertura as cifras evidenciaron o interese espertado por esta exposición. Entre xaneiro e marzo (os prazos inicialmente acordados para o desenvolvemento da mostra) alcanzáronse 35.273 visitas, una resposta que levou á dirección do Aquarium a solicitar ao Consello Regulador da DOP Mexillón de Galicia, propietario das instantáneas, una extensión das datas de exhibición, acordándose prorrogala ata finais de xuño.

Á vista dos resultados obtidos, esa decisión foi de todo acertada xa que no segundo trimestre non só mantivéronse os rexistros senón que se superaron holgadamente.

Todo un referendo para esta exhibición integrada por cincuenta fotografías e un vídeo de tres minutos (coas explicacións en galego, castelán e inglés), ambos realizados polo fotógrafo Xurxo Lobato. Un traballo que forma parte dun proxecto concibido pola DOP para dar a coñecer en Galicia, España e no mundo a marca Mexillón de Galicia, que representa una garantía de calidade e orixe para o consumidor.

Este relato audiovisual completa un traballo que ten o seu xerme nun libro presentado en decembro de 2015, titulado “Mexillón de Galicia”, que supuxo unha carta de presentación da DOP ante a sociedade e un elemento de autoestima para os operadores do sector.

O éxito alcanzado pola exposición únese ao recoñecemento obtido polo libro “Mexillon de Galicia”, tanto a nivel nacional (foi elixido mellor libro de gastronomía de España na modalidade de fotografía) como internacional (logrando hai un mes en China o segundo premio ao mellor libro de gastronomía do mundo na modalidade de fotografía), galardóns que contribúen a reforzar a imaxe de excelencia da nosa marca.