O Fórum Gastronómico da Coruña é un dos eventos máis relevantes de cantos celébranse en España no ámbito da gastronomía. Máis de 200 expositores correspondentes a outras tantas empresas galegas, españolas e estranxeiras acudirán a esta cita que se desenvolverá os días 12, 13 e 14 deste mes e na que Mexillón de Galicia deixará a súa pegada. Será no curso de dúas degustacións dirixidas polo cociñeiro Miguel Mosteiro, que elaborará dous menús completos recorrendo ao mellor mexillón do mundo como ingrediente fundamental.
A primeira demostración será este domingo, día 12, a partir das 13,45. A esa hora iniciarase a cata “Namórate dun galego: Garantía de calidade e orixe DOP Mexillón de Galicia”.
Para a ocasión, Mosteiro preparará tres propostas, cada cal máis suxestiva: “Humus de Mexillón de Galicia con grisinis e sementes”, “Mexillón de Galicia en bilbaína con patacas de Galicia chafadas, brotes tenros e emulsión de laranxa”, e “Mexillón de Galicia con crema de apionabo e encurtidos”.
A segunda demostración, denominada “Namórate dun galego DOP Mexillón de Galicia (En conserva)”, será o martes 14, ás 16 horas. Ese día, Mosteiro elaborará “Empanada aberta de Mexillón de Galicia con cebola negra”, “Escuma de coliflor con Mexillón de Galicia e aire do seu escabeche”, e “Canelones de Mexillón de Galicia con bechamel de pementos asados”.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.