Borrador do novo Regulamento da DOP

27 Decembro, 2016

O pleno do Consello Regulador do Mexillón de Galicia, en sesión celebrada o pasado dia 13.12.2016 acordou a aprobación inicial do novo Regulamento da DOP Mexillón de Galicia -Borrador 01-, que ten por obxecto regular a actividade do Consello Regulador do Mexillón de Galicia e as operacións de xestión da DOP.

Así mesmo, acordou abrir un período de exposición e consulta pública que finalizará o 31 de xaneiro de 2017 co fin de garantir que calquera persoa física ou xurídica que ostente un interese lexitimo poida presentar observacións ou alegacións que considere oportunas a o citado borrador.

Durante este período, o novo Regulamento da DOP Mexillón de Galicia – Borrador 01- poderá  consultarse  no taboleiro do Consello Regulador ou picando no documento que aparece ao final desta información

Poderán enviar as súas observacións ou alegacións motivadas presentando un escrito dirixido ao Presidente do Consello Regulador do Mexillón de Galicia, ao enderezo Avda. da Mariña 25, 36600 Vilagarcía de Arousa (PO) ou preferentemente mediante correo electrónico á dirección: cr@mexillondegalicia.org

 

regulamento_2016_borrador_01