Mexillón de Galicia felicita o Nadal

23 Decembro, 2016

Os Reis Magos son os encargados este ano de felicitar o Nadal. Da man do bo facer de Luís Davila, os magos chaman a atención sobre a importancia do concepto de autenticidade. Mexillón de Galicia é un produto da máxima calidade, por iso hai quen quere imitalo, pero a copia non se parece en nada ao orixinal. Xa o di o mexillón: con fixarse na etiqueta é suficiente para distinguir o auténtico da copia.