Publicado o Boletín nº 16 da DOP

23 Decembro, 2016

A publicación do Boletín número 16 da DOP coincide coas celebracións de Nadal. Por iso preparamos unha portada acorde con estas datas coa axuda do debuxante Luís Davila. Nela podedes ver aos tres Reis Magos emocionados ao descubrir o banquete de Mexillón de Galicia que lles espera.

Neste número incluímos ademais información sobre a modificación do prego de condicións da DOP, así como das consecuencias do proceso de regularización de operadores. Un esclarecedor artigo sobre o uso dos fondos FEMP, outro dedicado ao xenoma do mexillón galego, así como as actividades de promoción desenvolvidas por Mexillón de Galicia completan os contidos do Boletín.    boletin-definitivo-2