Non vos perdades mañá o segundo taller de cociña dedicado a Mexillón de Galicia

28 Novembro, 2016

Mexillón de Galicia con salsa diabla; Mexillón de Galicia con guacamole e tomatitos encurtidos; e Mexillón de Galicia á mariñeira.

Esta é a suxestiva proposta que mañá, día 29, elaborará o cociñeiro Miguel Mosteiro no segundo taller de cociña que se celebra no Centro Comercial Arousa de Vilagarcía co Mexillón de Galicia como produto estrela.

“Namórache do mexillón” é o título desta iniciativa aberta a todas as persoas que queiran saber que fai do Mexillón de Galicia un produto sen comparación polas súas propiedades nutritivas, que o converten nun alimento idóneo para calquera idade, así como polo seu exquisito sabor e enorme versatilidade na cociña, cualidades que fan deste marisco un ingrediente idóneo para os menús de nadal.

Como xa ocurrera o pasado martes no primeiro taller, persoal da DOP ofrecerá unha charla informativa sobre os beneficios da inxesta deste bivalvo e a certidumbre que representa para o consumidor adquirir mexillóns amparados pola marca Mexillón de Galicia, a única que garante unha calidade superior e unha orixe cento por cento galega.

O taller desenvolverase na aula de cociña do centro comercial, situada na segunda planta, a partir das 18,30 horas. A entrada en totalmente gratuíta.