2.400 persoas visitaron a exposición “Mexillón de Galicia”

29 Xullo, 2016

A exposición “Mexillón de Galicia” foi visitada por 2.400 personas durante os dous meses que permaneceu no Museo do Mar de Galicia, concretamente do 25 de maio ata o 26 de xullo.

O mostra estivo integrada por cincuenta instantáneas e un audiovisual de tres minutos, ambos realizados polo fotógrafo Xurxo Lobato. A exposición forma parte dun proxecto concibido pola DOP Mexillón de Galicia para dar a coñecer en Galicia, España e o mundo unha marca como Mexillón de Galicia que representa unha garantía de calidade e orixe para o consumidor.

Ademais, a forza da imaxes axuda a entender como a través dun traballo, que en moitas ocasións pasa de pais a fillos, configúrase unha forma de ser, unha identidade, a das mulleres e homes que forman parte de Mexillón de Galicia.