Xa podes ver no noso canal de YouTube o audiovisual da exposición “Mexillón de Galicia”

31 Maio, 2016

No noso canal de YouTube xa está disposto o audiovisual que integra a exposición “Mexillón de Galicia” que se pode visitar no Museo do Mar de Galicia, en Vigo. Son tres minutos ó longo dos que se realiza un percorrido que leva ó espectador ata o corazón do ouro atlántico, ata o corazón do Mexillón de Galicia.