A DOP “Mexillón de Galicia” participa nunha nova edición de Alimentaria, o Salón Internacional de Alimentación e Bebidas, que se desenvolverá en Barcelona entre o luns e o xoves da próxima semana. Desta forma, a DOP reforza a súa aposta por estar presente nas principais citas do calendario feiral, como xa ocorreu en outubro con Conxemar ou máis recentemente no Salón de Gourmets.
A Alimentaria acudirán compradores de todo o mundo, en especial de Estados Unidos, Latinoamérica, Asia e Europa, e expoñerán os seus produtos empresas de máis de 50 países. Ademais, a organización estima que eses catro días propiciarán máis de 10.000 reunións entre expositores e compradores, convertendo a este salón nun escenario idóneo para que “Mexillón de Galicia” achegue información a un público profesional acerca das características e cualidades do mellor mexillón que se produce do mundo e dos seus distintos formatos comerciais. A diferenza doutros eventos feirais, en Alimentaria non haberá degustacións.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.